cabecera
A persona non sabe do que é capaz ata que o intenta. Charles Dickens
  Logo   Historia   Onde naceu?   Hemeroteca   Videoteca   Programa Xoga
Inicio
Arquivos
O record
Compoñentes
Podios
Orlas
A xanela
Secretaria Xeral de Modernizacion tecnoloxica
Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Plan Avanza
Union Europea
Na primavera do ano 1976 os Mestres da Comarca de Negreira, coa súa obsesión na formación integral da persoa convivencia, responsabilidade e participación, orgaízan os XOGOS ESCOLARES INTERCOMARCAIS, naquela repártense 26 trofeos e 79 medallas entre os nenos e as nenas participantes.
A actividade medra.
Unha vez agrupáda-las escolas nos Colexios Nacionais de Educación Xeral Básica, a primeira participación da que tense referencia do Centro de Portomouro é da primavera do ano 1976 na Festa da Árbore.

Vense participando na Campaña do deporte en Idade Escolar ata o ano 1980.

Xa particípase nos Xogos Escolares Intercomarcais 1981 orgaízados polo Colexio de Santa Comba e acúdese a Esteiro-Muros para correr no Trofeo Médico Ricardo Tobío de campo a través 1981.

Val do Dubra, acolle os Xogos Escolares Intercomarcais 1982, onde hai dúas fases Cultural e Deportiva. Participan os Centros de Negreira, A Baña, Santa Comba, San Cosme de Antes, Pino de Val, Zas,Baio, Ponteceso, Cabana, Bembibre e Portomouro. Entréganse 123 trofeos e 1.038 medallas. O Colexio de Portomouro participa en balonmán, campo a través, atletismo, xadrez, fútbol e baloncesto. Acádanse 20 podios e foron o punto de partida para inicia-la práctica deportiva no Centro.
En Esteiro,particípase no campo a través Médico Ricardo Tobío 1982.

Acudimos ó Colexio de Cabana para participar nos Xogos Escolares Intercomarcais 1983 en xadrez, balonmán, tenis de mesa, campo a través e atletismo. Lógranse 17 podios. En Rianxo corrémo-lo campo a través Castelao 1983.

Foi o Colexio de Negreira a sede dos Xogos Escolares Intercomarcais 1984. O Colexio de Portomouro participa en xadrez, tenis de mesa, campo a través e balonmán. Sube ó podio 19 veces. Xurdindo da actividade deportiva desenrolada no Centro iníciase a creación da AGRUPACIÓN DEPORTIVA DUBRATAMBRE por iniciativa da Asociación de Pais do Colexio de Portomouro co fin de desenrolar actividades físicas e deportivas entendidas na liña do deporte para todos e do tempo libre; favorece-lo desenvolvemento de relacións profundas e maduras; favorece-lo xogo, a diversión instructiva e a actividade deportiva para a saúde; fomentar, promocionar e divulga-la idea do ejercicio físico e o deporte en xeral, pois recoñece que son un medio ó servicio do pleno desenrolo da persoa; son os seus promotores Manuel Corzón Fajín, Manuel Vázquez López, Juan Manuel Turnes Souto, Amador Vilacoba Suárez (Q.E.P.D.) e Baldomero Amigo Abeledo.
Os Xogos Escolares Intercomarcais 1985 teñen coma sede o Colexio de Zas.
Co argumento de darlle continuidade e divulgación ás actividades deportivas, intégranse os XOGOS no Programa Autonómico do Deporte Escolar da Xunta de Galicia. Portomouro acada 4 podios en tenis de mesa a nivel provincial.

Para seguir lendo descarga este arquivo coa historia completa. Preme aquí