O orixinal prato ou anagrama da AGRUPACIÓN DEPORTIVA DUBRATAMBRE, representa
distintas formas da actividade física arredor da ponte de Portomouro e á
estrela do Camiño de Santiago que ten o escudo do Concello de Val do Dubra,
responde desta maneira ós principios desenrolados nos Estatutos da AGRUPACIÓN
DEPORTIVA DUBRATAMBRE: desenrolo de actividades físicas e deportivas entendidas
na liña do deporte para todos e do tempo libre; favorece-lo desenvolvemento de
relacións profundas e maduras; favorece-lo xogo, a diversión instructiva e a
actividade deportiva para a saúde; fomentar, promocionar e divulga-la idea da
actividade física e o deporte en xeral, pois recoñécese que son un medio ó
servicio do pleno desenrolo da persoa. Deseñouse pola AGRUPACIÓN DEPORTIVA
DUBRATAMBRE o ano da súa fundación, 1984; fíxose no Laboratorio de Formas de
Galicia. Ésta institución pensouse na Arxentina por Luís Seoane e isaac Díaz
Pardo na década dos anos 60. Un dos tres proxectos que íanse poñer en marcha
era a restauración de Sargadelos tratando de siñificar que alí houbera un
espíritu de empresa nos comenzos da industrialización capitalista e que
tratábase dunha empresa deseñada cun espíritu ético co exponente aínda podería
producir unha revolución positiva no entendimento da empresa. Sargadelos
concibíuse por Ibáñez coma unha asociación de recursos propios para,
engadíndolles valor, poder satisfacer necesidades auténticas, o que siñificaba
unha clara revolución frente á empresa que xeralmente concibíuse coma unha
asociación de intereses para especular con necesidades e recursos. A empresa de
máis alento e prestixio do noso pasado industrial gardaba esta virtude
fundamental que era necesario siñificar. Os outros dous proxectos que traía o
Laboratorio de Formas de Galicia, era un museo que recollera a obra e a
documentación do movimento renovador do arte galego a partires de Castelao, que
polos feitos da guerra civil encontrábase perdida, dispersa, moitos dos seus
integrantes exiliados ou mortos e en consecuencia esquencido das novas
xeracións, concretándose no Museo Carlos Maside. O terceiro proxecto era unha
editorial que recollera e difundira as distintas formas culturais que
manifestábanse en Galicia en tódolos eidos, reconstruíndo no posible a historia
contemporánea de Galicia que intereses de todo orde trataban de ocultar,
desorientando ás novas xeracións sobre as súas raíces. Ó falar da restauración
de Sargadelos necesítase ver que trátase dunha peza dun proxecto conxunto cun
siñificado común reivindicador dunha memoria histórica de Galicia.O
Laboratorio de Formas de Galicia partía dunha idea racionalista do deseño e da
conformación ética e histórica das cousas, máis os seus obxetivos estaban máis
alá do racionalismo que empezaba a manifesta-lo seu cansancio naquel tempo. Xa
en Galicia os proxectos do Laboratorio de Formas de Galicia, encontraron o
calor entusiasta do arquitecto Andrés Fernández-Albalat, que incorporouse de
inmediato a eles, colaborando no seu desenrolo dende o primeiro intre.O
Laboratorio de Formas de Galicia asiñou un convenio con Cerámicas do Castro,
para poñer en marcha os proxectos que no ano 1970 quedaron inaugurados. É xusto
sinalar que outras persoas non eran alleas ó proxecto: dende o exilio Rafael
Dieste e Lourenzo Varela viñeron aportando ideas e calor ó proxecto, e aquí en
xeral, recibiron o apoio da intelectualidade que cría en Galicia. O dez de maio
inaugurouse a pranta circular de Sargadelos cunha misa rezada en Lingua Galega
por Manoel Espiña. Ó día seguinte inaugurose en Sargadelos o IV Seminario de
Deseño Industrial, ó que asistiron uns cen artistas, arquitectos e teóricos
chegados dende distintas partes e que convocara a Vicepresidencia de Ordeación
Económica, o Colexio de Arquitectos de Galicia e o Laboratorio de Formas de
Galicia.As
primeiras pezas que saían da fábrica diseñounas Luís Seoane e un equipo de
xente que dirixía Díaz Pardo; posteriormente incorporouse obra orixinal de
Laxeiro, Virxilio, Alberto Sánchez, do arxentino Goldstein, Xosé Vizoso,
Rosendo e Xosé Díaz, Carlos Sílvar e unha serie de nomes que dalgunha forma
colaboraron. Paralelamente á fábrica de Sargadelos, no ano 1972 creouse o
seminario de Sargadelos, en estreita colaboración con aquela e servíu para
investigar nos campos de técnica e de deseño estructurados no Departamento de
Tecnoloxía que dirixe Andrés Varela, e un Departamento de Sistemas de
Comunicación, que dirixe Díaz Pardo. Ademáis de servir contínuamente na tarefa
de ámbolasdúas actividades, o Seminario orgaíza as Experencias Estivais, a súa
XIV edición celébrase no ano 1985. Éstas experencias comprenden tecnoloxía e
Escola Libre de Cerámica, cristal, esmalte sobre metal,. e acompáñanse de
seminarios sobre temas de deseño, arte, economía, empresa, cine, teatro,. Éstes
seminarios trouxeron persoas de tódalas partes do mundo, e por eles pasaron
máis de mil interesados, con xente tan importante coma Carme Perujo, Arcadio
Blasco, Enrique Mestre, Silverio Rivas, Lluís Castaldo, Javier e Antonio
Oteíza,. e máis dun cento de intelectuais de Galicia e do resto da Península e
do estranxeiro interviron en seminarios, mesas redondas e conferencias.O
departamento de tecnoloxía, ademáis de traballar contínuamente na investigación
de materias e procedementos, realiza diversos plans de investigación concertada
con orgaísmos estatais sobre temas concretos. O Seminario de Sargadelos dispón
dunhas grandes coleccións de cerámica popular española e de cerámica moderna,
conta con arquivos gráficos e bibliográficos e, xunto co Departamento de
Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, encargouse de recoller,
montar e soster no Castro o Laboratorio Xeolóxico de Laxe, da Fundación Parga
Pondal.No
ano 1972, o Laboratorio de Formas de Galicia, solicitou ó Goberno a declaración
de conxunto histórico e artístico, concedéndollelo no mesmo ano, formando un
Patronato que preside o director xeral de Belas Artes. Sargadelos creou
galerías de arte en Madrid, Barcelona e Santiago de Compostela, dende as que
difunde a súa laboura.